Saturday 04 de May de 2024

Aberta a inscrición para o club de hóckey A.C. Órdenes


Este ano tamén se pode contribuír adquirindo por 10 € a tarxeta de amigo colaborador. O sábado terá lugar a presentación oficial

O club de hóckey A.C. Órdenes vén de abrir o seu prazo de inscrición para a nova tempada. Aquelas persoas que queiran formalizar a súa inclusión pódeno facer no pavillón Castelao I todos os mércores de 18.30 a 20 horas e os venres de 17 a 18 horas. As categorías son: micro, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, xuvenil, júnior e sénior.

Como de costume os adestramentos serán en horario de tarde no mesmo pavillón. Ademais este ano como novidade a directiva pon á disposición de quen o desexe as tarxetas de amigo colaborador, a partir dun prezo de 10 €.

Ademais, este sábado, 19 de setembro, terá lugar a presentación oficial da nova tempada. A cita está posta para as 17 horas no pavillón Castelao I.